A Comunidade Galega en Arxentina
Os fillos nativos de Galicia, estiveron presentes en todo momento na historia de América. En épocas da colonización, JUAN DÍEZ DE BETANZOS e JUAN DE VIVERO foron parte do proceso conquistador do Perú, un como intérprete e observador da cultura incaica e o outro como clérigo destacado por loitar polo benestar dos mesmos, respectivamente. A expedición Magallanes-Elcano contaba entre os seus tripulantes con veciños de distintos pobos de Galicia, como LUIS VENDAÑO, JUAN AGRA BERNARDEZ, RODRIGO NIETO TREJO e ANTÓN BAAMONDE, entre outros.

En México, unha das divisións administrativas do territorio español conquistado denominábase NUEVA GALICIA. En Río de la Plata, os primeiros galegos que se rexistran, con autorización para viaxar pola Casa de Contratación de Sevilla son D. ANDRÉS HERNÁNDEZ e FRANCISCO ARAÚJO, este último como parte da expedición de PEDRO DE MENDOZA, primeiro fundador de Bos Aires. No século XVIII os galegos afincábanse en distintos lugares da nova terra destacaban en todos os campos da vida colonial. Daquela, o TERCIO DE VOLUNTARIOS DE GALICIA, milicia urbana creada en Bos Aires, capital do Virreinato del Río de la Plata, foi unha das formacións militares que defendeu a entón aldea porteña das pretensións conquistadoras do Reino de Inglaterra. Á fronte dos galegos, estivo o fundador dese corpo, D. PEDRO CERVIÑO.

No século XIX, a crise política en Europa, que tamén compromete a España, mobiliza en América os desexos de emancipación e independencia. Nestes feitos, os galegos e os seus descendentes tomaron parte en distintos momentos e bandos, sendo, en definitiva, todos protagonistas da historia deste país: MANUEL BLANCO ENCALADA, BERNARDINO RIVADAVIA, NICASIO ANTONIO DE BIEDMA, VALENTÍN e ADOLFO ALSINA, CARLOS CALVO e tantos outros que foron vivos expoñentes do devir histórico arxentino.

Xa conformada a nación arxentina, a partir de 1853, comeza o que se denominou a inmigración masiva de galegos a este país, con períodos de maior ou menor caudal humano, o porto de Bos Aires foi testemuña dun fluxo incesante de fillos de terras galegas que buscaban no sur de América un porvir. Xa en el século XX, a crise socioeconómica de Europa, as grandes guerras europeas e a guerra civil española, contribuíron a un aumento da sangría humana que afectou a Galicia durante as cinco primeiras décadas, decaendo ostensiblemente, a medida que Europa e España, en xeral, abrían os seus horizontes tras a Segunda Guerra Mundial. En suma, a presenza da comunidade galega en Arxentina non foi produto dunha espontánea migración masiva de persoas a este chan, senón un proceso histórico-social que arranca na prehistoria da nación arxentina e que, na actualidade, é o froito do labor deses miles de emigrantes que, solidaria e pacificamente, contribuíron ao desenvolvemento e progreso de Arxentina, á vez que consolidaron institucións nas cales gardaron esa importante bagaxe cultural que forma parte da súa idiosincrasia.
As asociacións galegas en Arxentina.

Pódese establecer que, desde o comezo da emigración masiva de España cara América, comezaron a súa vida diversas institucións galegas, que albergaban a aqueles paisanos que buscaban un novo horizonte.

Nos seus comezos, as asociacións tiñan fins exclusivamente asistenciais e de beneficencia, brindando un solidario apoio ao que acababa de chegar a estas costas. Aquelas primeiras entidades tiñan el nome da comarca ou o concello ao cal pertencía o grupo humano que a fundaba. Un escritorio, algunhas cadeiras, una pequena biblioteca, un solar a maioría das veces alugado e sobre todo, moita morriña pola terra natal configuraban o capital das mesmas.

Sobre mediados do século XX, máis dun centenar eran as asociacións galegas que poboaban o mapa da emigración en Arxentina, especialmente na cidade de Bos Aires – a denominada quinta provincia galega – onde se concentrou a maior parte dos inmigrantes.