Órganos de goberno

A Asemblea de Socios é a autoridade máxima da institución, sendo ordinarias ou extraordinarias, segundo sexa o tema tratado, podendo concorrer a elas os socios activos, protectores, vitalicios e honorarios que reúnan una antigüidade mínima de dous (2) anos.

A Xunta Directiva, a Comisión Fiscalizadora e o Consello Consultivo e de Apelación están integrados por asociados activos, protectores ou vitalicios que contan cunha antigüidade mínima de seis (6) anos como socios e que resultan elixidos polo conxunto de asociados da entidade en elección directa para cumprir tales funcións. Non perciben retribución algunha polo seu desempeño.

Xunta Directiva

Junta directiva

  • Presidente: D. Héctor Fernández
  • Vicepresidente 1º: D. José María Vila Alen
  • Vicepresidente 2º: D. Salustiano Serén Pardo
  • Secretario xeral: D. Juan Carlos Blanco
  • Prosecretaria xeral: Dª Alicia García De Liutvinas
  • Secretario Administrativo: D. Jesús María García Díaz
  • Prosecretario Administrativo: D. Alberto Iannuzzo
  • Secretaria de Actas: Dª Amalia Álvarez
  • Prosecretario de Actas: D. Andrés Chico Barreiro
  • Tesoureiro: D. Francisco Álvarez Fernández
  • Protesoureiro: D. José Rodríguez
  • Contador: D. Fernando López Pereira
  • Procontador: D. Arturo Pérez Domínguez

Vogais:
  • D. Antonio Cerdeira Lema
  • D. Cristian Moares Echazú
  • D. Albino Taboada Rivas
  • D. Alberto Vázquez López
  • D. Modesto Ángel González
  • D. José Enrique Cubilledo

É o órgano que dirixe, administra e representa ao Centro Galicia de Bos Aires. Confórmano dezanove (19) membros titulares e doce (12) suplentes. Os titulares duran catro (4) anos nas súas funcións, renovándose cada dous (2) anos, por metades, en tanto que o mandato dos suplentes exténdese por dous (2) anos.

Para o mellor cumprimento das súas funcións e unha axeitada execución das distintas accións institucionais, a Xunta Directiva pode designar todas as Comisións Auxiliares que estime necesario, debendo existir, polo menos, as seguintes: Cultura, Deportes, Festas, Orientación e Finanzas, Obras e Prensa. Os integrantes destas Comisións tamén se desempeñan con carácter ad honorem.

Xunta Fiscalizadora

Membros Titulares

  • Dª Mariana P. Tarrazo
  • Dª Olga Loureiro
  • D. Arturo Naval

É o órgano de control e fiscalización da marcha institucional en canto ao aspecto económico-financeiro. Está formado por seis (6) membros, tres (3) titulares e tres (3) suplentes, que duran dous (2) años nas súas funcións.

Ten as máis amplas facultades para realizar dentro do seu campo de acción todos os controis que estime adecuados, así como propoñer á Xunta Directiva aquelas medidas que considere convenientes para mellorar o aspecto económico-financeiro da entidade ou o organizativo en materia contable. Anualmente presenta ante a Asemblea Ordinaria de Asociados convocada para tratar a memoria e balance xeral institucional o informe sobre o seu labor así como a opinión que lle merece a documentación suxeita a consideración do órgano supremo.

Consello Consultivo e de Apelación
  • D. Manuel Peleteiro Pérez
  • D. Rafael Patiño Rogel
  • D. Pacífico Otero Treinta
  • D. José López Pin
  • D. Manuel Bande Álvarez
  • D. José Luís Patiño Rogel
  • D. Carlos Alberto C